Concello da Coruña

Concello da Coruña

Melendi - Xira Ahora Tour

Melendi regresa aos escenarios a partir de setembro do 2018 con AHORA TOUR; unha xira mundial que contará con 8 únicas datas en España e que incluirá ademais os principais países do continente americano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/10/2018

Xa rematou

Horario:

21:30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

- Pista (s/n): venda anticipada 30,00 € (+ gastos se houber); día concerto: 32,00 € (+ gastos se houber)

- Tendido Baixo: venda anticipada 32,00 € (+ gastos se houber); día concerto: 34,00 € (+ gastos se houber)

- Tendido medio: venda anticipada 30,00 € (+ gastos se houber); día concerto: 32,00 € (+ gastos se houber)

- Tendido alto: venda anticipada 30,00 € (+ gastos se houber); día concerto: 32,00 € (+ gastos se houber)

A cita no Coliseum da Coruña será o vindeiro sábado 13 de outubro de 2018 a partir das 21:30 horas, a apertura de portas será ás 19:30 h.

Melendi é unha das figuras máis importantes do panorama musical dos últimos anos e un dos artistas máis queridos e admirados polo público.

Tras un 2017 repleto de éxitos no que o cantautor se afianzou como un dos cantautores máis relevantes tanto en España como en América grazas á súa espectacular xira con entradas esgotadas na práctica totalidade dos concertos -incluíndo recintos tan emblemáticos como o Auditorio Nacional de México - e ao éxito de cancións como "Desde que estamos juntos" (nomeada como Canción do Ano nos Latin Grammy) e "Destino o casualidad" (disco de ouro en Estados Unidos e México), Melendi presenta en marzo de 2018 AHORA. Producido novamente polo propio Melendi xunto a Luca Germini, o disco conta coas colaboracións de Carlos Vives - xa un éxito en radios e plataformas dixitais a ambos os dous lados do charco-, Alejandro Sanz e Arkano; e será, sen dúbida, un novo éxito na fulgurante traxectoria do asturiano.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión