Visita o álbum de fotos desta actividade
Goza cos teus fillos/as dos contos e das historias que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, traen ás nosas bibliotecas e que retransmitimos en streaming
De 3 a 7 anos
Infantil, Familias
08/05/2021
Xa rematou
De 12 a 13 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981184384
A actividade corre a cargo da compañía Trinke Trinke Teatro e desenvolverase a porta pechada nas bibliotecas por mor das esixencias sanitarias, pero nós podemos desfrutar estas sesións cheas de contos e melodías a través do "streaming".
As sesións serán emitidas en directo na web e tamén na canle de youtube das bibliotecas e nelas haberá pistas para que consigas o carné de Rato de Lonxedetodo. Le máis abaixo!
Se queres que os ratiños e as ratiñas te chamen por teléfono en directo, deixa o teu teléfono e nome na túa biblioteca!
Achégate aos libros e á música dunha maneira atractiva e lúdica e déixate contaxiar dos mellores costumes: a lectura en familia!
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible