O meu primeiro festival chega este Nadal cos personaxes favoritos da Televisión.
Para público en xeral
23/12/2025
16.30 h
19.00 h
Platea: 25,00 €
Palco: 21,00 €
Principal: 18,00 €
1ª fila de principal, visibilidade reducida: 15,00 €
desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas
desconto do 25% para familia numerosa
*Os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredita o desconto
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Producións Coruñesas SL
teatrocolon@coruna.gal
Peppa Pig, My Little Pony, L.O.L. Surprise!, Pocoyó, Masha e o Oso e Simón acompañarán a un entrañable Papá Noel no espectáculo familiar máis esperado da tempada.
Tras o éxito da súa primeira edición no Estadio Metropolitano, Mi Primer Festival volve este Nadal cun novo formato en teatros.
A cita será o 23 de decembro no Teatro Colón, onde os personaxes máis queridos polos pequenos da casa cobrarán vida nun espectáculo máxico cheo de música, bailes, risas e sorpresas.
Papá Noel será o protagonista dunha aventura inesquecible xunto aos seus inseparables amigos da televisión infantil e a divertidísima banda musical de elfos. Unha experiencia única pensada para gozar en familia e converter o Nadal nun recordo inesquecible.
Este nadal Mi Primer Festival céntrase no mundo dos teatros do noso país cunha xira adaptada para estas contornas co primeiro obxectivo de atraer ao público infantil a estes espazos culturais por primeira vez. Con iso Mi Primer Festival pretende ser unha ferramenta artística que fomente aspectos importantes tales como a creatividade, a imaxinación e a autonomía, mellorando habilidades sociais e expresivas.
Mi Primer Festival, en teatro é o novo espectáculo organizado por Lemon e Pandora, producido por Cávea Producións.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible