Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Monstros con ou sen consentimento", de Chuches Amil, concerto gravado para o Nadal 2020

Concerto en formato dixital, por mor da pandemia sanitaria

A quen vai dirixido?:

Familias

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 19/12/2020 ata o 19/01/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/12/2020 ata o 19/01/2021

Duración:

40 min aprox.

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Chuches Amil, co seu concerto en formato banda, chega para animarnos o Nadal. A bailar, cantar e aprender moita lingua!!

Chuches Amil nace da man de Fran Amil, músico, compositor e produtor coruñés que desde os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto) e que actualmente forma parte dos grupos Tres Trebóns e Ulträqäns.

Este traballo, "Monstros con ou sen consentimento", consta tamén dun libro-CD de 24 páxinas, con ilustracións de Manel Cráneo, cheo de cancións para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar. E tamén moitos monstros!!

Visible dende o 19 de decembro de 2020 ata o 19 de xaneiro de 2021.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Espectáculo en formato dixital, por mor da pandemia sanitaria.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión