Concello da Coruña

Concello da Coruña

MUSICALMENTE concerto para bebés

5º espectáculo de BEBESCENA. Concertos para bebés son, ante todo, concertos. Os bebés son convidados a escoitar.

A quen vai dirixido?:

Público familiar.

Cando:

03/11/2013, de 11:00 a 18:00

Xa rematou

Horario:

11.00, 12.30 e 17.00 h.

Duración:

40 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entradas: 6 € e abono 3 familiar (como mínimo 1 adulto e 1 menor) 15 €.

Os menores de 3 anos non pagan entrada.

Aforamento reducido: 100 prazas.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Público infantil, de 1 a 3 anos.

Organiza:

Paulo Lameiro

Documentos:

folleto-bebescena.pdf (3 MB)

O deleite musical compartido entre intérpretes e bebés, pais e irmáns, avós e amigos é o que sostén o proxecto. Os concertos teñen como matriz a chamada “música clásica”, pero desenvólvense nun aliñamento cheo de temas tradicionais, de pop-rock e de improvisacións vocais-instrumentais coa participación de todo o público.

Cada concerto é unha experiencia de complicidades, onde os sons e os silencios sorprenden a todos. De Monteverdi a Mozart, do cavaquinho aos didgeridoos, intercámbianse espantos e escóitanse suspiros.

A grande experiencia dos instrumentistas inunda a sala de momentos fortes e os cantos estimulan o encantamento. Con intérpretes apaixonados polos nenos, o tempo pasa e o concerto termina nun plis-plas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión