Espectáculo de danza contemporánea que se inspira na estética do Ballet Triádico de Oskar Schelemmer- Bauhaus.
Para público en xeral
26/11/2022
Xa rematou
18.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 6,00 €
Abono familiar (3 entradas para a mesma función: 15,00 €) * O abono familiar só se pode adquirir no despacho de billetes da praza de Ourense e no despacho de billetes do Fórum Metropolitano o día da función (se quedan entradas dispoñibles)
Menores de 3 anos 2,00 €
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Concello da Coruña
forum@coruna.es
Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos.
Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso!
Pero Nina sente a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestíon é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi fácil entrar pero moi complicado saír. Conseguirao?.
Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer -Bauhaus- do 1921 celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.
Duración: 45 min
Idioma: sen palabras
Intérpretes: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera
Autoría e dirección: María Torres
Venda de entradas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible