Son 24 fotografías do fondo do Arquivo Fotográfico Vidal que forma parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe e vinte e catro voces poéticas para servir de elo coa imaxe:
Para público en xeral
Dende o 03/08/2020 ata o 30/08/2020
Xa rematou
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002
NÓS SOMOS ELAS quere ser a memoria do futuro. Se as fotos de Xosé Vidal son a memoria do pasado, a poesía é a memoria do futuro, é o plano para ollar, para volver a remirar.
Contra a desmemoria e o silenciamento do mundo rural e mariñeiro, a forza das mulleres que miran (nos) e semellan tamén escoitar o que temos que dicir.
NÓS SOMOS ELAS é o eloxio desde mundo rural e mariñeiro que dá visibilidade a certo vínculo emocional entre esa fotografía de mulleres e a palabra poética. Palabra poética que abre portas a entender, mais tamén que respecta o misterio, a beleza, o deleite nu...
Vinte e catro fotografías e vinte e catro poetas, desde as novísimas ás consagradas... para prestar vida a través da palabra, para descubrir sutilezas, praceres, significados, historias fracturadas...
Esta exposición Nós Somos Elas quere ser tamén unha mensaxe de esperanza, a certeza de que o futuro será mellor.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible