Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2019

O Concello organiza, xunto ás comparsas de Entroido da cidade, un acto de homenaxe ao traballador municipal Fernando Amaro, falecido esta semana

O local dos Maracos acollerá o encontro, que se celebrará o venres 10 de maio, e que contará coa presentación dun libro sobre a historia do Entroido na Coruña

O Concello levará a cabo un acto de homenaxe ao traballador do IMCE Fernando Amaro, falecido o pasado día luns 22 de abril, no que participarán as comparsas de Entroido da cidade. Terá lugar no local dos Maracos, o venres 10 de maio. O concelleiro responsable de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salienta "a pegada indeleble que Fernando deixou na cidade e en todos nós a través do seu compromiso e da alegría coa que abordaba a coordinación das festas da cidade, en especial nas do Entroido".   

Durante o acto, no que participará tamén o alcalde, Xulio Ferreiro, levarase a cabo a presentación do libro Choqueiros e Mascaritas. Crónica viva do Antroido coruñés. 1883-1936, por parte do seu autor, Xosé Alfeirán.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión