Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro CO-LAB: Laboratorio Cidadán

PROCESO DO DESEÑO DO LABORATORIO DE INNOVACIÓN CIDADÁN

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 24/11/2016 ás 09:30 , 25/11/2016 ás 09:30

Xa rematou

Horario:

Das 09.30 ás 20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#colab

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Documentos:

Dossier Laboratorios Cidadáns (5 MB)

O Laboratorio de Innovación concibese como un espazo de producción e prototipado de coñecemento, a través de diferentes grupos de traballo e investigación, que impulsen procesos de innovación cidadá  para a transformación social contribuíndo ao desenvolvemento cultural, social, e económico da nosa cidade.

Para desenvolver este proxecto o Concello activará un obradoiro aberto e público no que, persoas expertas, traballadoras do Concello e interesadas idearán solucións integrais para o proxecto definitivo do Laboratorio Cidadán da Coruña, a través de metodoloxías colaborativas. 

 

OBRADOIRO CO-LAB

DESEÑO ABERTO DO LABORATORIO DE INNOVACIÓN CIDADÁN DA CORUÑA

O obradoiro Co-Lab será o espazo aberto de traballo e reflexión no que 90 persoas expertas, traballadoras do Concello e interesadas no proxecto idearán solucións integrais para o Laboratorio Cidadán da Coruña, a través de metodoloxías colaborativas. O programa, que publicaremos os próximos días, artéllase arredor de dous formatos:

1. Relatorios de persoas expertas:
Nagore de los Ríos falará sobre Innovación cidadá, Pedro Jiménez sobre Coñecemento aberto, Enrique Saavedra sobre Cultura e produción dixital, Juan Freire sobre Innovación educativa e Marcos García e Antonio Lafuente compartirán as súas experiencias en deseño e xestión dun laboratorio cidadán. Todos os relatorios rematarán cunha ronda de preguntas e cun debate aberto.

2. Traballo colectivo en grupos:
Realizaranse tres sesións de traballo en grupo nas que se revisará a investigación previa e benchmarking (exploración de experiencias inspiradoras) na busca de ideas-forza para o proxecto Co-Lab, se celebrará unha sesión de xeración colectiva de ideas para a implementación de cada área temática -previo filtrado e selección para o prototipado- e se deseñará unha serie de prototipos experimentais, así como a folla de ruta para a súa posta en marcha e o estudo das necesidades de recursos e infraestruturas que implicarían. Todas as sesións rematan coa posta en común dos resultados de cada grupo.

Se queres participar, inscríbete aquí. As prazas son limitadas!

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión