Celebramos o Día das Cookies cos nosos veciños!
De 5 a 7 anos
Infantil, Familias
03/12/2025
Xa rematou
Dende o 26/11/2025 ata o 03/12/2025
Require inscrición
De 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
15
981 184 388
Na Biblioteca Durán Loriga gústanos celebrar as cousas e se son doces, mellor! Así que non perdemos a oportunidade de celebrar o Día Internacional das Cookies (que se celebra o 4 de novembro) cos nosos veciños de rúa, o obradoiro de galletas BreakTime.
Contaremos con estes dous expertos en confeitos para elaborar na propia biblioteca unhas galletas para a ocasión, acompañadas dun contacontos do clásico Martín y las galletas de coco, de Inger y Lasse Sandberg.
Máis aló de preparar alimentos, a cociña é unha ponte cara as nosas raíces, un espazo onde se crean e mesturan recordos, afectos e novas vivencias compartidas. En Break Time cultívase esa memoria afectiva e na biblioteca queremos propiciar que as familias o poidades facer a través da elaboración conxunta entre peques e maiores no noso espacio, e mellor se é entre letras.
Esperámosvos!
IMPORTANTE: obradoiro non apto para celíacos ou con algunha intolerancia.
Os nenos e nenas precisan estar acompañados dunha persoa adulta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible