Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos: Claudio Pato e Rafael Courtoisie

ESPECTÁCULO SUSPENDIDO polas medidas adoptadas contra a expansión do coronavirus. Proximamente informarase sobre o posible cambio de data e/ou o procedemento de devolución do importe das entradas compradas.<

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Persoas adultas

Cando:

16/03/2020

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

20.30h

Duración:

1h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

marzo2020.pdf (2 MB)

Regresa o ciclo "Poetas di(n)versos", as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo conducidas pola escritora e xestora cultural Yolanda Castaño.

O poeta ourensán Claudio Pato (1962) é licenciado en Filosofía. Entre 2008 e 2012 foi Director da Galería Sargadelos da Coruña, deseñando e levando adiante a programación cultural deste espazo da cidade na que reside. Como tal, comisariou os ciclos sobre pensamento e arte Afóra(s) e Escrita(s). Posteriormente, entre 2013 e 2016 e a carón de Edita Rodríguez Oca, coordinou o espazo de creación cultural Almáci(gas) en Compostela.

Na actualidade colabora en diferentes proxectos: co grupo de free jazz e action painting Desterritorializadxs, co músico Mark Wiersma (Ventrílocuo), co colectivo de acción artística Open The D*or e co artista plástico Allez Alles nunha iniciativa de arte postal.

No eido da produción cinematográfica, xunto a Virxinia Polke é autor dos traballos fílmicos Parque Europa (2010), Antenas (2011), Repite ata que desapareza (2011), Dioses (2016), Ceo (2019), Esmorgan (2019) e Pío (2019) e, en colaboración con David Castro, de Postas (2017), Assisi (2018) e Syntagma (20182020). No 2018, Pato participou na primeira edición de Intersección Contemporary Audiovisual Art Festival.

Como poeta ten publicados os libros O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev (1997), Unha vida de traballo nos bosques do cánabo (2002), Como estás? (2011) e Draga/Se o bruído e a rotación do amonal na casa das abellas (2018), ademais de colaborar en revistas e obras colectivas como Dorna, Bitácora Escarlata, Proxecto Derriba, Cine Clube Compostela ou Novas da Galiza.

Nado en Montevideo, Rafael Courtoisie é poeta, narrador e ensaísta, ademais de membro de número da Academia Nacional de Letras de Uruguai e correspondente da Real Academia Española.

Pola súa prolífica obra obtivo prestixiosos galardóns internacionais: en Cuba o Lezama Lima, en México o Plural e o Jaime Sabines, en España o Casa de América, o Loewe, o Gil de Biedma e o Blas de Otero. Iso ademais dos acadados no seu país: o Nacional de Poesía, o de Narrativa e mais o da Crítica -en ambos xéneros- en varias ocasións. Ademais de Parranda (2014), os seus poemarios máis recentes son as antoloxías Tiranos temblad (2013), Antología invisible (2018) e Los puntos sobre las íes (2019): tres de catro títulos publicados en España, igual que a súa última novela, El libro de la desobediencia (2019). Traducido a unha chea de idiomas, el mesmo trasladou ao español autores como Shakespeare, Emily Dickinson, Sylvia Plath ou Raymond Carver.

Autor de numerosos traballos de crítica e investigación así coma antoloxías das letras uruguaias, foi formador de docentes en centros superiores e universitarios do Uruguai, e profesor visitante en universidades de Estados Unidos, Inglaterra e Colombia. Fixo parte do afamado Programa Internacional de Escrita da Universidade de Iowa, e ten amosado a súa obra por universidades e institucións de toda Europa e América. Ademais, a súa obra foi estudada en varias teses universitarias dos dous continentes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión