Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

"Preguntas" de Eduardo Chillida

Esta exposición, comisariada por Ignacio Chillida, adquire unha relevancia especial, xa que dende o 2004 non se facía unha exposición deste calibre na Coruña.

Cando:

Dende o 21/11/2014 ata o 01/02/2015

Este evento xa rematou

Horario:

Luns a domingo de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Documentos:

Información actividades didácticas (88 KB)

Preguntas dá título ao libro que Eduardo Chillida leu durante o nomeamento de Membro Honorario da Real Academia de San Fernando, Madrid 1994.

En Preguntas, considerado en si mesmo un libro de artista, o escultor recolle e ordena por primeira vez os seus propios cuestionamentos e aforismos, que son a base fundamental para entender a súa obra.

A exposición adopta o título deste libro esencial e articúlase en dúas plantas. A primeira presenta unha diversa selección de esculturas e obras en papel, xunto ás páxinas do citado libro a grande escala. A segunda está dedicada á obra gráfica e libros de artista do escultor.

“Traballo para saber, valoro máis o coñecer que o coñecemento. Creo que debo aventurarme en facer o que non sei facer. Buscar, visualizar onde non vexo, anhelar recoñecer o que non podo discernir.”

“A aventura, cando busca o descoñecido, pode ás veces levarnos cara á arte.”

Estas frases de Eduardo Chillida son un exemplo das cuestións que recolle o libro, escritas da súa propia man concentran o pulso vital da obra do artista. Obra na que apenas existen respostas senón preguntas de índole metafísico e, con gran dose de poesía, cara ao espazo e á materia. “Son un especialista en preguntas” sostiña Eduardo Chillida.

ACTIVIDADES DE CONMEMORACIÓN DO ANIVERSARIO DE CHILLIDA

O 10 de xaneiro de 1924 nacía en Donosti-San Sebastian o artista Eduardo Chillida. Este sábado 10 de xaneiro cumpriría 91 anos.

No Kiosco Alfonso, dentro das actividades da exposición Eduardo Chillida: Preguntas, queremos celebrar os seus aniversarios co público e, para iso, propuxemos unha tarde de sábado con actividades para todos:

  • Ás 18.00 h: taller infantil de Pan Cósmico no que realizaremos unha obra cerámica conxunta. A peza exhibirase no Kiosco Alfonso durante o seu secado e finalmente será entregada a Ignacio Chillida, fillo do artista e comisario da exposición. A escultura irá acompañada dunha carta de felicitación escrita polas nenas e nenos coruñeses. Para participar no taller é necesaria unha reserva previa no teléfono 657 417 857.
  • Ás 19.30 h, para os adultos, unha visita guiada especial que finalizará coa interpretación de dúas danzas da suite BWV 996 de J.S. Bach, orixinal para laud: A Sarabanda e a Bourée a cargo do guitarrista Mateo Arnáiz.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión