Presentación e sinatura do libro de Antón Fontao
Para público en xeral, Persoas adultas, Xuvenil, Familias
24/04/2026
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.
19.00-20.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
981 184 388
Antón Fontao é un rapaz que dende que naceu convive cunha discapacidade como é o Síndrome de Joubert, da que fala abertamente no seu libro "Uno más, nada menos: diario de una resistencia ignorada". Un activista a favor da integración e cambio nas aulas para incluír a discapacidade.
Na Biblioteca Durán Loriga xa contamos con el como participante do club de lectura xuvenil O Ensanche e agora teremos a oportunidade de escoitalo falar deste diario de experiencias sobre a relación co sistema educativo, a súa actividade en Cappaces e como chegou de Sada á sede das Nacións Unidas en Nova York.
Trala presentación e conversa haberá unha sinatura de exemplares.
Esperámosvos!
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible