Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programación de cinema SETEMBRO 2026

Programación de cinema SETEMBRO 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/09/2026 ata o 26/09/2026

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA

EN SALAS DE CINEMA

  • Puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma.
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan o resto do público.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os coches e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

SALA MARILYN MONROE

2 - 3 - 4 - 5 de setembro de 2026

LÓSTREGO - Festival de Cinema Fantástico

10 de setembro de 2026

Docs do mes: "Amazomanía", de Nathan Grossman

Documental

Suecia, Dinamarca, Francia, 2026

93 minutos - V.O. en portugués, sueco, inglés, francés, korubo subtitulado a español

Xoves: 20.00 h

11 - 12 de setembro de 2026

Cinemanía Clásica: "City lights" (Luces da cidade), de Charles Chaplin

Con Charles Chaplin e Virginia Cherill

Estados Unidos, 1931

81 minutos

Apta para todos os públicos

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

16 - 17 - 18 - 19 de setembro de 2026

VIII EDICIÓN DO CICLO DE CINEMA "OS OLLOS ABERTOS"

24 - 25 - 26 de setembro de 2026

Estreas en V.O.: "Boy from heaven" (Conspiración no Cairo), de Tarik Saleh

Con Tawfeek Barhom e Fares Fares

Suecia, 2022

126 minutos

Non recomendada para menores de 16 anos

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

SALA FERNANDO REY

2 - 3 - 4 - 5 de setembro de 2026

LÓSTREGO - Festival de Cinema Fantástico

10 - 11 - 12 de setembro de 2026

Estreas en V.O.: "Left-handed girl" (A moza zurda), de Shih-Ching Tsou

Con Janel Tsai e Nina Ye

Taiwan, 2025

108 minutos - Proxección en VOSE

Non recomendada para menores de 12 anos

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

17 - 18 - 19 de setembro de 2026

Estreas en V.O.: "À l'abordage!" (Á abordaxe!), de Guillaume Brac

Con Eric Nantchouang e Salif Cissé

Francia, 2020

95 minutos - Proxección en VOSE

Non recomendada para menores de 7 anos

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

24 - 25 - 26 de setembro de 2026

Estreas en V.O.: "Le sixième enfant" (O sexto fillo), de Léopold Legrand

Con Sara Giraudeau e Benjamin Lavernhe

Francia 2022

92 minutos - Proxección en VOSE

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

- Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día da proxección dende media hora antes, coa condición de que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión