Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programación Semana Santa

Os Museos Científicos Coruñeses están abertos todos os días, incluídos os festivos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026

Horario:

Das 10.00 ás 19.00 horas

Último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae

Último acceso ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días, incluídos os festivos, das 10.00 ás 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus.

A programación do planetario da Casa das Ciencias, que incluirá catro sesións diarias do 28 de marzo ao 6 de abril, incorpora a estrea dunha sesión en directo cun contido especial dedicado ás eclipses solares, con motivo do que poderá gozarse desde A Coruña o 12 de agosto. Será unha sesión dirixida a persoas maiores de 10 anos na que se explicará que son as eclipses e a maneira máis adecuada e segura de observalas.

Carteleira de planetario do 28 de marzo ao 6 de abril

  • 11.30 h: «A grande aventura do sistema solar» (gal., maiores de 6 anos)
  • 13.00 h: «La noche es necesaria» (cast., maiores de 10 anos) (excepto o sábado 28 de marzo)
  • 17.00 h: «Polaris» (cast., maiores de 4 anos)
  • 18.00 h: Sesión en directo: «Vivir unha eclipse» (cast./gal. maiores de 10 anos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión