IX Festival Internacional de Música Contemporánea da Coruña
Para público en xeral
Os días 23/04/2026, 30/04/2026, 02/05/2026, 07/05/2026, 08/05/2026, 09/05/2026, 15/05/2026, 23/05/2026, 24/05/2026, 30/05/2026, 06/05/2026
Asociación Cultural AÏS
RESIS | Festival de Música Contemporánea da Coruña é unha plataforma dedicada á creación sonora contemporánea que se celebra anualmente desde 2018 cun éxito crecente. Tras oito edicións, o festival consolidouse como un modelo plenamente recoñecido e un referente de prestixio a nivel local, nacional e internacional, que transcendeu as fronteiras galegas con intervencións en cidades como Madrid e Roma.
O festival concíbese como un espazo de encontro multidisciplinar onde a música é o motor principal, en constante diálogo coa arte, a ciencia e a tecnoloxía. RESIS promove a súa programación desde un contexto íntimo e aposta pola procura e difusión de novas propostas desde o risco e a exploración de novos códigos culturais.
A través do diálogo entre o local e as correntes internacionais, o festival desenvolve proxectos que interpelan á memoria e á identidade e que transforman o patrimonio da cidade da Coruña mediante a acción cultural e un pensamento crítico.
PROGRAMACIÓN
23/04/2026 - TEATRO ROSALÍA CASTRO [A Coruña]
CONCERTO INAUGURAL CAPELA ROTHKO CORO OSG & GALLAECIA ENSEMBLE BARROCO & KEA ENSEMBLE
30/04/2026 - AUDITORIO DE GALICIA [SANTIAGO DE COMPOSTELA]
CONCERTO BRECHAS DO SILENCIO - REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
02/05/2002 - MUSEO DOMUS [A Coruña]
CONCERTO UNDERSONGS - SIGMA PROJECT
07/05/2026 - TEATRO COLÓN [A Coruña]
CONCERTO IRONIC CONCERT - BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DA CORUÑA
08/05/2026 - AUDITORIO DE GALICIA [SANTIAGO DE COMPOSTELA]
CONCERTO RESIS.LAB - REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
09/05/2026 - MUSEO MUNCYT [A Coruña]
INSTALACIÓN SONORA AQUA MATRIX - AQUA MATRIX
15/05/2026 - PAZO DA ÓPERA [A Coruña]
CONCERTO ARS UMBRAE - ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
16/05-30/05 - SALA DE EXPOSICIÓNS DO PALACIO MUNICIPAL [A Coruña]
INSTALACIÓN SONORA/ CONCERTO | TO HO BOC GE A/V - JUAN LESTA & MARCO MARIL
23/05/2026 - AQUARIUM FINISTERRAE [A Coruña]
PERFORMANCE | COMO PEZ FUERA DEL AGUA - ANA GESTO
24/05/2026 - MUSEO DE BELAS ARTES [A Coruña]
CONCERTO | LA VOZ DE OFELIA - LUNA CELEMÍN & CHRISTIAN CAMIÑO
30/05/2026 - ESTUDIO VIRTUAL CIUDAD DE LAS TIC [A Coruña]
CONCERTO | ENTRE FELDMAN ARXIS ENSEMBLE & NIÑO DE ELCHE
06/06/2026 - CÍRCULO DE BELLAS ARTES [MADRID]
CONCERTO EXTRAORDINARIO | ENTRE FELDMAN - ARXIS ENSEMBLE & NIÑO DE ELCHE
XUÑO DE 2026 - REAL ACADEMIA DE ESPAÑA EN ROMA
CONCERTO NOÈ RODRIGO & MARGARITA RODRÍGUEZ
Consulte o programa completo premendo na seguinte ligazón
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible