Concello da Coruña

Concello da Coruña

Romina Casile "La inquietud de las cosas"

Intervención audiovisual

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/05/2018

Xa rematou

Enderezo:

Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Rúa Tabernas 11, 1º. 15001 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade

Ao falar, pensar, xestualizar ou intervir en algo, internámonos sempre en paraxes do descoñecido. A función da arte non é outra cousa máis que o descubrimento das paisaxes do descoñecido".

(Bartolomé Ferrando).

En "La inquietud de las cosas" enlázanse dous universos poéticos: o da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e o da artista arxentina Romina Casile.

Desta superposición xorde unha nova paisaxe que se desenvolve semanticamente entre os recunchos da casa, o mobiliario e as pezas audiovisuais; entre o pasado e o presente; entre as palabras e os sons.

Na súa obra, Romina Casile indaga nas potencialidades dos obxectos e espazos como signos lingüísticos, explorando nos vínculos de intimidade e os modos de comunicación que establecemos con eles. A través do desenvolvemento de diversos dispositivos, resemantiza os obxectos outorgándolles unha nova funcionalidade sonora que se manifesta en performances, que son á súa vez o resultado dunha serie de ensaios que buscan desenvolver a intuición, a conciencia e o diálogo.

Esta proposta logra transcender o tempo e o espazo para que ambas as artistas se atopen por primeira vez e resoen na procura de sensibilidades que atravesan distintos modos de habitar o cotián.

PEZAS AUDIOVISUAIS

Piezas microtonales (2014)

Abrazar lo entrañable en concierto (Improvisacións) (2016)

La persistencia del objeto (2016)

Nocturno para copas (2018)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión