Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

S8 7ª Mostra Internacional de Cinema Periférico

"OS NOVOS IMPRESIONISTAS" DO CINEMA DE VANGARDA DESEMBARCAN NA CORUÑA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Cando:

Dende o 01/06/2016 ata o 05/06/2016

Este evento xa rematou

 

O (S8) Mostra de Cinema Periférico celebra do 1 ao 5 de xuño a súa sétima edición. Unha edición especial baixo o nome de "Os novos impresionistas" que reunirá a recoñecidos cineastas como o canadense Stephen Broomer e o francés Jacques Perconte, artista do 'glitch', que presentará unha 'performance' con música en directo e unha exposición da súa obra. Así mesmo, o festival presentará unha panorámica que inclúe os novos traballos de artistas internacionais arredor da idea do impresionismo no cinema e un programa histórico dedicado á cineasta, teórica e crítica Germaine Dulac.

"Impresionista": na súa orixe, esta palabra foi un termo despectivo acuñado por un crítico de arte para descualificar o traballo de Monet. É improbable que o crítico imaxinase que este sería o nome adoptado para falar dunha das correntes pictóricas máis revolucionarias da historia, que deixou atrás a imitación da vida e das formas para intentar capturar, na súa pureza, a luz cos seus pinceis. "Os novos impresionistas" é o nome co que este ano o (S8) bautiza a súa edición especial, na que conflúen cineastas (emerxentes e veteranos) para os que a experimentación coa luz e as calidades pictóricas do cinema é esencial. Investigando os límites da percepción sensorial e da subxectividade, este grupo de cineastas asinan algunhas das obras visualmente máis estimulantes dos últimos anos.

É o caso de Jacques Perconte, un dos artistas franceses máis solicitados da actualidade, que trae ao (S8) unha exposición, unha performance sonorizada en directo e a estrea internacional do seu último filme, Save my Heart from the World. Utilizando o vídeo dixital e explotando todas as posibilidades plásticas do chamado glitch (é dicir, as alteracións da imaxe causadas pola manipulación do código), Perconte abre portas a paisaxes imposibles de cores e formas insólitas.

Este artista e cineasta francés, cuxa obra se puido ver nas máis prestixiosas galerías, institucións e festivais do mundo, colaborou con artistas como Leos Carax (en Holy Motors), Jean-Benoît Dunckel (integrante do grupo de música de vangarda Air) e Jeff Mills.

Tamén visita por primeira vez España Stephen Broomer, mozo e, con todo, xa consagrado cineasta, conservador e téorico canadense. Broomer, cuxas películas se puideron ver en Views from the Avant-Garde (New York Film Festival), a sección Wavelengths do Festival de Toronto e a Berlinale, traerá á Coruña os seus traballos en 16mm. Películas nas que as cores e as texturas evocan o traballo dos primixenios impresionistas, nunha procura formal cuxo embriagador resultado achégao tamén aos autores máis abstractos dentro desta corrente.

O apartado dedicado ao impresionismo complétase cunha selección de traballos recentes de artistas internacionais como os estadounidenses Jodie Mack e Robert Todd, o arxentino Pablo Mazzolo, os canadenses John Price, Alexandre Larose e Eva Kolcze ou a británica Charlotte Pryce. O (S8) tamén ofrecerá unha sesión dedicada a Germaine Dulac, pioneira do cinema e parte da corrente vangardista dos anos 20 designada como "impresionistas franceses", á que tamén pertenceron Jean Epstein, Louis Delluc e Abel Gance. O traballo de Dulac proxectarase en formato fílmico, contando coas recentes restauracións en 35mm de Étude Cinématographique sur une Arabesque e Thèmes et Variations.

O (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña publicará a súa programación completa e calendario de proxeccións o próximo 19 de maio.

+ info

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión