Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sala Marilyn Monroe. Saíndo da fábrica

XII Ciclo de cinema obreiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/05/2019 ata o 01/06/2019

Xa rematou

Horario:

xoves e venres ás 20:15 h, sábados ás 17:15 e 20:15 h

* Agás "A fábrica de nada" que se proxectará únicamente ás 20:15 h.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3.00 euros (carne xoven, +65 anos ou persoas desempregadas, 2, 00 euros)

Sesión do espectador : sábados ás 17:15h,  prezo único 1,50 euros

Organiza:

Coordinador do ciclo Adolfo Naya.

Contacto:

981 184 293

Fórum Metropolitano

forum@coruna.es

Iniciamos este décimo segundo ciclo de cinema obreiro "Saíndo da Fábrica" coa película india O Tribunal. A realidade case sempre supera a ficción, e este filme é unha magnífica mostra da realidade da persecución que están a sufrir artistas, mestres, avogadas e intelectuais por criticar as atrocidades que está a cometer o Goberno indio contra os Dalits, Adivasis, minorías relixiosas e contra dos pobos de Cachemira, Assam e Manipur.

Continuaremos con A muller da montaña. Este filme relata a loita dunha traballadora social contra a industria contaminante en Islandia, abordando a contradición de querer protexer o noso medio ambiente e manter postos de traballo, unha realidade que estamos a ver por exemplo con ENCE en Pontevedra ou co feito mesmo de fabricar armas. 

Nese fío da ética do traballo, Un minuto de gloria achéganos a experiencia dun traballador honrado atrapado pola burocracia e unha sociedade onde priman os intereses económicos individualistas.

O capitalismo baséase no máximo beneficio sen importar os que verdadeiramente xeran a riqueza, que son as traballadoras e traballadores.

O filme portugués A Fábrica de nada é un bo reflexo desa busca de beneficio e do desmantelamento da industria en moitos lugares, como levamos moito tempo a padecer na nosa cidade.

Para rematar o ciclo  presentaremos China blue, a crúa realidade de traballadoras chinesas en condicións de semi-escravitude para fabricas de téxtil que elaboran moita da roupa que logo nós levamos posta. Un exemplo máis da presión económica que exercen as multinacionais e as consecuencias que sofren as traballadoras e traballadores en calquera lugar do planeta.

Debater e charlar sobre os problemas dos traballadores e traballadoras foi sempre a motivación deste ciclo, por iso continuaremos cos debates dos venres, para tentar buscar saídas e alternativas a un sistema que trata ás persoas como mercadorías e que cada día afoga a millóns de traballadoras e traballadores. De feito, poder compartir unha película e logo comentala, a día de hoxe case que é un acto de rebeldía, un xeito de facer fronte a unha sociedade que pretende illarnos para que perdamos unha das armas máis fortes das clases traballadoras: a solidariedade. 

Adolfo Naya

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión