Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo abraiante: o mozo esquecera a fala da súa xente, a lingua que falara toda a vida.
Recomendada para público xuvenil, a partir de 16 anos.
Para público en xeral
13/05/2022
Xa rematou
20:30 h
Pídese puntualidade, unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
70 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €; descontos (carné xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
IMCE
forum@coruna.gal
De volta na casa non facía máis que preguntar:
- Pai, como se chama isto?
Partindo dunha coñecida lenda que xa recollía o Padre Sarmiento no século XVII, os dous intérpretes, a través dun dialogo fluído e cargado de humor, farán unha viaxe polas anécdotas máis significativas da historia da nosa lingua, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente e demostrando que a lingua resistiu e resiste todas as situacións adversas.
No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan tranquilas que non din nada, e algunhas tan afiadas que parece que pican ao falar. E entre todas elas está a nosa, a galega.
Coa Parábola do angazo queremos sacar a lingua a pasear. Ímoslle botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mirar de esguello o que haberá no futuro. Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala fóra e demostrar que aínda ten moito que dicir.
Seguindo a liña iniciada por Bicos con lingua e Pelos na lingua enfrontaremos unha montaxe áxil e versátil, onde o humor é parte fundamental da engrenaxe do espectáculo.
Intérpretes: Artur Trillo e Toño Casais
Autor: Creación colectiva
Dirección: Diego Rey
Escenografía e deseño de iluminación: Dani Trillo
Son: Diego Rey
Vestiario: Martina Cambeiro
Idioma: galego
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible