Esta comedia coloca o foco en tres mulleres de aldea "pandeireteiras", referentes positivos e próximos de personaxes de mulleres afirmativas, autónomas, creativas e implicadas na colectividade. E ao mesmo tempo ofrece unha visión divertida, directa e sen prexuízos do impacto do cambio climático na nosa sociedade e nas nosas vidas.
Recomendada para público xuvenil, a partir de 14 anos.
Para público en xeral
11/03/2022
Xa rematou
20.30 h
Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
70 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €; descontos (carné xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas, con moita ironía e non menos sabedoría.
Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para sensibilizar sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida.
As Fillas Bravas é, por unha banda, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e a súa propia experiencia vital; e, por outro, é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de modelos de empoderamento feminino.
Por que o mito de Casandra? Casandra, filla do rei de Troia, era tan fermosa que Apolo ofreceulle o don da profecía se aceptaba converterse na súa amante. Ela aceptou. Pero cando Apolo se lle achegou, ela negouse. O deus, ofendido, pensa un castigo exemplar, sen deixar de cumprir a palabra dada: concédelle a Casandra o don de predicir o futuro, co engadido dunha maldición incontestable, ninguén vai crer o que ela di.
Por que a ciencia é a Casandra actual e o cambio climático o noso cabalo de Troia? Na actualidade, a maldición de Casandra materialízase nas persoas que se dedican á investigación científica. A ciencia trata de comprender, respectar e actuar segundo as leis do universo. Busca a verdade sobre o funcionamento da natureza e adianta, mediante modelos conceptuais ou numéricos, as consecuencias da actuación humana. Mais poucas veces se lle fai caso e a comunidade científica ve como a sociedade camiña irremediablemente cara a un desenlace que se podería evitar. Un exemplo perfecto disto é o cambio climático, do que a comunidade científica de todo o mundo leva alertando como mínimo desde os anos setenta, sen que ninguén lle conceda a credibilidade que merece.
Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar
Autor: Chévere
Dirección e adaptación: Xron
Escenografía e vestiario: Chévere
Deseño e son: Xacobe Martínez Antelo
Deseño de iluminación: Fidel Vázquez
Música: Popular
Idioma: galego
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible