Teatro contemporáneo, adaptación dun clásico con música rap e break dance, footwork, os freezes e o popping.PREMIO SGAE EN A IX EDICIÓN DO FESTIVAL RUSSAFA ESCÈNICA e MENCIÓN A MELLOR DIRECCIÓN NO ACT FESTIVAL 2020
Recomendada para público xuvenil, a partir de 16 anos.
Para público en xeral
07/04/2022
Xa rematou
Cambio de hora o fecha
20:30 h
Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
70 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €; descontos (carné novo, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00€
* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario do mesmo.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
Lázaro é a mesma historia universal que todas e todos coñecemos. Case. Lázaro vai cambiando de amo, pero os amos do século XXI non son os mesmos que os do XVI.
Un vello bébedo coñecido como «o cego», o mouro, o secreta, a violencia e a droga nas rúas son os amos de Lázaro. A música e as amizades, condensadas no personaxe de Marco, o músico en escena, permítenlle finalmente a Lázaro converterse no seu propio amo. Lázaro está contada cunha estética hip hop, chegando a ser en ocasións o motor do xogo escénico, usando elementos de break dance como o footwork, os freezes e o popping, entre outros. Utilízase o rap para narrar con dinamismo e estilo a primeira parte da vida do personaxe. "A honesta sinceridade nesta fusión de teatro e música urbana rebosante de enxeño." "Roberto Hoyo e Marco Ferreira dannos desde a honestidade, a dor, a convención e a música unha lección maxistral desta nobre arte."
Dirección, dramaturxia e interpretación: Roberto Hoyo
Produtor musical e músico en escena: Marco Ferreira
Cartel e audiovisual: Sofía Zaragoza
Idioma: Castelán
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible