Un ano máis, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición de Sol e cardos, o campamento de verán que, entre os meses de xuño e xullo, achegará a obra plástica e o pensamento de Luis Seoane a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
Familias, Infancia
Dende o 22/06/2020 ata o 17/07/2020
Xa rematou
Sol e cardos, o campamento de verán da Fundación Luis Seoane regresa este ano cunha nova edición dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas, levarán a cabo unha serie de actividades ao redor da obra plástica e o pensamento de Luis Seoane. Nesta ocasión, o formato dos obradoiros inspiraráse na estrutura de Laboratorio Escóitasme?, a proposta didáctica online da Fundación Luis Seoane enfocada aos máis pequenos e ás súas familias, que se desenvolveu durante o período de alarma a través de dobres sesións teóricas e prácticas.
O custe da matrícula é de 50 euros por semana, cun 10% de desconto para grupos de dous ou máis irmáns, ou no caso de querer inscribirse en dúas ou máis semanas (prazas limitadas). As persoas interesadas poden desgargar o impreso de correspondente no enlace seguinte:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible