Soños e Normalidade
Para público en xeral
Dende o 12/11/2019 ata o 04/12/2019
Xa rematou
De luns a venres de 8:00 a 21:00 h
Sábados de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre e gratuíta
Asociación sen ánimo de lucro Poten100mos
Taigeto, Soños e Normalidade é un proxecto de fotografía colectiva financiada polo proxecto de Cultura Accesible e Inclusiva III de Fundación Emlacsa e organizada pola Plataforma DiversidArte proxecto da Asociación sen ánimo de lucro, Poten100mos (A Coruña) dedicada á inclusión sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade física, psíquica e/ou social.
Neste proxecto de fotografía colectiva participaron máis de 60 persoas diferentes, formando 8 grupos representando a 9 entidades sociais de colectivos diversos a través de 8 fantásticos fotógrafos profesionais cunha gran conciencia e experiencia no ámbito social: Felipe Alonso (Nos Why Not?), Gimena Berenguer, Begoña Bah, Chelo do Xastre, Lázaro Louzao, Hamdad Mohamed Said, Merli López e Lestonnac Ibañez.
As 9 entidades colaboradoras con Poten100mos para este proxecto foron: Fundación Adcor, CAPD Coruña, GRUMICO, Liga Reumatolóxica Galega, Ás, CASCO, ACCEM, ACLAD e ONCE.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible