Os participantes experimentarán a construción dunha peza performativa a partir do achegamento práctico a tres ferramentas de expresión artística: corpo, luz e vídeo.
27/04/2013
Xa rematou
16.00 a 21.00 h.
10 €.
Límite de prazas: 15 persoas.
Inscrición previa na conserxería do Centro Ágora.
A través da estética do movemento e as imaxes, os participantes utilizarán códigos propios de cada un destes tres elementos dende unha perspectiva plástica máis experimental. No taller desenvolveremos de forma intensiva un proceso creativo completo: elección dun concepto-acción, achegamento mediante o corpo, o deseño de atmosferas a través da luz e a invención de novos espazos co vídeo e a proxección. É unha proposta de achegamento á sensorialidade da tecnoloxía e o seu uso escénico.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible