O próximo fin de semana acolleremos no museo o obradoiro fotográfico vencellado á exposición Recorrer el tiempo. Visiones contemporáneas del Camino (Xacobeo 21-22 / Xunta de Galicia).
Para público en xeral
Dende o 18/09/2021 ata o 19/09/2021
Xa rematou
Comisariada por Nicolás Combarro, exporase na Mariña da Coruña entre o 17 de setembro e o 6 de novembro de 2021. O obradoiro está dirixido a profesionais e afeccionados á fotografía e será impartido polos fotógrafos Lúa Ribeira e André Cepeda en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Para asistir será preciso preinscribirse entre o 14 e o 16 de setembro a través do formulario sito na páxina web do museo. Debido ás prazas limitadas, os organizadores farán unha selección entre os solicitantes.
Máis información na web do museo ou no teléfono 881 881 700, de 9.00 a 14.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible