“Cartóons” é unha peza teatral de Producións Teatráis Excéntricas que ten como protagonistas a dous pallasos
Para público en xeral
05/12/2020
Xa rematou
18.30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 €
Abono familiar (3 entradas para a mesma función: 15,00 €)
Menores de 3 anos: 2,00 euros
* Para que sexan aplicados os descontos, é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e mais no de acceder ao espazo en que terá lugar o espectáculo.
Será de cumprimento OBRIGADO
• Usar máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• Usar a butaca asignada polo persoal de sala. Non estará permitido desprazarse, salvo que o persoal de sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída, para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
Dous pallasos de mirada inocente, que teñen algo de debuxo animado (cartoons), no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nós tiramos ao lixo diariamente.
O cartón serviralles para construíren múltiples cousas... en definitiva, todo o que a xente normal vai adquirir a unha multinacional sueca.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes central, da praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes Fórum Metropolitano: días de función desde 1 h antes do inicio do espectáculo (só se quedaren entradas dispoñibles)
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible