Teatro físico
Familias, Para público en xeral
28/03/2026
18.00 h
50 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 6,00 €
*Abono 3 (3 entradas para a mesma función: 15,00 €)
Menores de 3 anos: 2,00 €
*O abono 3 só se vende en despacho de billetes.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.es
Esta coprodución de Galeatro e Xarope Tulú, con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira e dirixida a público familiar gañou a cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.
Nunha residencia da terceira idade, tres anciás deciden representar, través do teatro, o que non lles deixan facer na realidade: ser libres. Así comeza a representación da peza: "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela", onde cada unha escolle o personaxe que quere representar. Irán entrando e saíndo das escenas, debatendo, interrompendo o desenvolvemento da peza, xogando como nese pasado que crían esquecido porque ocorreu moitos, moitos anos atrás, na ilusión da nenez.
Compañía: Galeatro e Xarope Tulú
Autoría e dirección: Paula Carballeira
Elenco: Alba Bermúdez, Atenea García e Tone Martínez
Duración: 50 minutos
Espectáculo en galego
Público: + 5 anos
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible