De Sharon Fridman
Para público en xeral
23/10/2021
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12,00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
Dosis de paraíso é a nova creación de Sharon Fridman, unha exploración sobre o amor e as relacións, na que se desenvolve un diálogo coas novas tecnoloxías en procura de espazos emocionais, grazas á colaboración con artistas de España, Bélxica e Israel.
Este traballo de investigación e creación desenvolveuse no marco de residencias técnico-artísticas no Teatro Francisco Rabal de Pinto, onde a compañía é residente desde outubro de 2018.
Un corazón precipítase
escurriéndose da soidade.
Fuxido no Outro
confunde o latexado
perdéndose na unión,
¿onde o paraíso?
A repetición é clave neste traballo, a través dela vaise desenvolvendo a transformación dun estado dentro dun ciclo. Repetindo unha acción, un xesto, consolidamos unha ruta, e só levando ese mesmo movemento ao seu límite poderemos bifurcar cara a outro lugar. Para a determinación do espazo escénico desenvolveuse unha intensa investigación sobre como as novas tecnoloxías lumínicas e audiovisuais poden contribuír á creación de atmosferas emocionais e suxerir alteracións no transcorrer do tempo. A dramaturxia da luz convértese nun enfoque fundamental á hora de debuxar "paisaxes anímicas", permitindo saltar dun espazo no que habita unha realidade existencial e cotiá a un espazo simbólico, imaxinario, no que se revelan outros planos do real.
Dirección e coreografía: Sharon Fridman
Bailaríns: Melania Olcina, Arthur Bernard Bazin/Maite Larañeta
Músico en escena: Ofer Smilansky
Asistente de dramaturxia: Antonio Ramírez-Stabivo
Música orixinal: Idan Shimoni e Ofer Smilansky
Deseño de espazo escénico: Sharon Fridman e Ofer Smilansky
Deseño de vestiario: Mizo, by Inbal Ben Zaken
Deseño de son: Iñaki Ruiz Maeso
Asistente de escenario: Carlos Peñalver
Deseño gráfico: Juan Bo Bo
Fotografía: Kinerama
Produción executiva: Lola Ortiz de Lanzagorta (New Dance Management)
Distribución nacional: SEDA S.L. Masé Moren
Venda de entradas
Despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 a 14.00 h. e de 15.00 a 18.00 h.; venres de 10.00 a 15.00 h.
Despacho de billetes Teatro Rosalía: só abre os días de función
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible