De Javier Martín
Para público en xeral
12/05/2018
Xa rematou
20.30 h
50 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
Instalación, performance, acción contemporánea, investigación.
"Desde unha posición relativa de debilidade, permitindo a forma. Na fame emite metodoloxía, e trazo. Non se pode explicar a auga, coméntase.
É polos movementos aberrantes que se abisma en fragmentos, o ensino non enunciado dunha arte escura que pon a vibrar soidade e silencio. Non baila. Retorcerse, treme, quebra, cae, dá un paso. Nun virar sen eixo, fabrica unha nova sensibilidade".
Consta dun proceso de creación continuo, que sostén a convocatoria de grupos de traballo temporais. A intención é a de situar nos corpos os contidos que conforman as texturas de movemento de Método Negro. Desenvolvendo unha deriva investigadora en comunidade, nun corpo ampliado ou ácrata. Trátase de permitir a inferencia e a crítica, enriquecendo a coreografía na co-emerxencia do fenómeno, e compartir coñecemento. Unha práctica en código aberto.
Venda de entradas
Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: so abre días de función, de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible