Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRCdanza: Mutar. Romper. Vibrar

De Carmen Fumero e Dácil González

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/10/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

55 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Danza moderna e contemporánea

A nosa maneira de mirar e entender o mundo muta. Ante un contexto en continuo cambio, todo ao noso redor transfórmase: os nosos pensamentos varían, os nosos sentimientos varían, e comportámonos de distintas formas. O cambio é vida, e o noso atlas corpóreo vive.

Mutar.Romper.Vibrar é o espazo para o cambio, o lugar onde reinventar, xogar e errar. O punto de encontro de tres mulleres, unidas polas mesmas inquietudes e que parten dun mesmo lugar, un universo de tons, texturas e volumes por redescubrir.

Definimos Mutar.Romper.Vibrar como un espazo para a transformación, o xogo e o autodescubrimiento. É unha invitación para abrazar o cambio, a ser flexibles e a celebrar a posibilidade de reinvención. Este proxecto reflicte unha reflexión sobre o cambio constante nas nosas vidas, tanto a nivel persoal como físico. Fala sobre como nosa percepción do mundo se adapta continuamente ás novas experiencias e como o cerebro, coa súa plasticidade, permítenos aprender e evolucionar.

Intérpretes: Elisa Tejedor, Dácil González e Carmen Fumero. Elisa Tejedor (Música en directo)

Dirección e coreografía: Carmen Fumero e Dácil González

Composición musical: Iván Cebrián

Música e ambiente sonoro: Aurora Arteaga, Elisa Tejedor e Iván Cebrián

Iluminación: Alfredo Díez Umpierrez

Duración: 55 minutos

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión