Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un pallaso.
Todos os públicos
Para público en xeral
16/12/2017
Xa rematou
20.00 h
(Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala).
50 minutos
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
9'00 € (carné xove, +65 persoas, persoas desempregadas: 8'00 €) (Menores de 3 anos: 2'00 €) (Abono 3 (3 entradas para a mesma función: 21'00 €)
Up2down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo, creando un universo singular.
A bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dous personaxes definidos polo seu status antagónico: o alto e o baixo: a funambulista etérea e ideal e a pallasa, terreal e mundana. Xunto a elas a persoa espectadora percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata que alcanzan un punto de encontro: o equilibrio.
TRASPEDIANTE
Venda de entradas
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Ágora: días de función desde 1 h antes (só se quedan localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 - web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible