Concello da Coruña

Concello da Coruña

VII Encontro Artes pola integración

Artes Escénicas - Música - Artes Visuais - Cine - Conferencias - Formación

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/05/2018 ata o 01/07/2018

Xa rematou

Enderezo:

Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

Portada dossier Artes pola integración (6 MB)

Trasera dossier Artes pola integración (7 MB)

A cultura en xeral e cada unha das súas diferentes prácticas artísticas é un ámbito privilexiado para favorecer o progreso social. Dende esta perspectiva, a arte pode ser entendida como factor vital na construción e fortalecemento da comunidade e da identidade individual e persoal.  É un artigo de primeira necesidade para toda a cidadanía e unha ferramenta para que as persoas máis desfavorecidas atopen formas de representación e visibilidade da súa realidade. É por isto que hoxe, momento marcado especialmente pola crise e a desigualdade, é unha necesidade realizar proxectos culturais para a diversidade.

Concibida como unha iniciativa transformadora, o proxecto Artes pola Integración, é un exercicio de responsabilidade para por en mans dos distintos grupos sociais, as plataformas, iniciativas e ferramentas necesarias coas que comunicarse. Asemade pretende ser unha plataforma para que as institucións e organizacións vinculadas aos territorios de exclusión, deixen de ser espazos endogámicos e se abran a proxectos menos reclusivos; unha cita multifacética e integral dende a que entablar diálogos e complicidades, onde convivan persoas diversas traballando en comunidade, onde os centros e asociacións proxecten iniciativas artísticas máis profundas e potencien os talentos das persoas que os habitan.

A inclusión social vincúlase ao desenvolvemento das capacidades individuais, sen ter en conta a súa etiqueta física ou psicolóxica, para facilitarlles o acceso a oportunidades ao longo da súa vida e, por ende, ao benestar social e cultural, ás redes relacionais, á presencia no espazo público, á convivencia e traballo con outros colectivos de artistas e á autorepresentación  da súa realidade, afirmando a identidade individual e grupal e mellorando a súa capacidade de estar no mundo, para existir como suxeito o exercicio da súa liberdade.

Con as súas implicacións pedagóxicas, sociais, culturais, políticas e terapeúticas, deséñase este proxecto parafraseando as palabras de Augusto Boal:

"Tranformar os grupos excluídos, xeralmente concibidos como pasivos, en protagonistas da acción dramática, como suxeitos creadores, estimulándoos para reflexionar sobre o seu pasado, modificar a súa realidade presente e crear o seu futuro"

ou como dice o maestro Jodorovsky:

"A arte que non cura, non é Arte"

Contamos con especialistas que, co seu traballo, favorecen unha perspectiva inclusiva na realidade dos grupos en risco de exclusión.

Redes creativas, voluntariado artístico e proxectos integradores cos que abrir os espazos de exclusión e reclusión a novos universos convivenciais, onde enriquecernos todos e todas, profesional e humanamente.

¿Por que unha persoa con xordeira, con síndrome de Down ou parálise cerebral non pode ser unha profesional das Artes e formar a outros colectivos?

Un traballo de paciencia e constancia, sobre todo no eido da formación, para construir deste xeito unha sociedade menos encasillada e parcelada. Proxectos abertos á diferenza.

Investigacións neuroeducativas e fomento das Artes como ferramentas de cura e comunicación en colectivos diversos.

Este ano tratamos a temática diversidade e creación, a través de residencias artísticas previas que aúnan a colectivos e artistas con e sen discapacidade, en teatros da Cidade, espazos públicos, espazos abandonados e mostras na rúa.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión