Concello da Coruña

Concello da Coruña

VII Gala Robert Houdin

Grande espectáculo de ilusionismo organizado polos irmáns Kiko Pastur e Román García que polo éxito dos anos precedentes xa se converteu en tradición nas festas de María Pita.

Cando:

24/08/2014

Xa rematou

Horario:

22.30 h.

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Organiza:

IMCE

O espectáculo será presentado polo polifacético e televisivo Luis Piedrahita. Este coruñés, que se fixo coñecido como monologuista en El club de la comedia, continuou a súa carreira artística como guionista, escritor, director de cinema e ilusionista.

Na súa faceta de ilusionista destacan as súas intervencións no programa "Nada por aquí" e en "El Hormiguero", onde todas as semanas presenta as súas creacións máxicas a personalidades do mundo do espectáculo como Will Smith, Shakira, Jennifer Aniston ou Tom Cruise.

Luis Piedrahita dará paso, a través dos seus monólogos e a súa maxia, aos artistas que o acompañarán sobre o escenario e que farán unha viaxe por todas as ramas da maxia.

Así, Kiko Pastur, 3º Premio Mundial, aventurarase, co seu persoal estilo, nunha das ramas máis complicadas do ilusionismo, o escapismo, emulando o gran Harry Houdini.

As grandes ilusións terán cabida da man do ferrolán Martín Varela, unha nova promesa da maxia galega feita realidade.

Román García sorprenderanos cun número de visual e de participación no que os nenos terán un papel estelar.

O Dúo Kybalion, integrado polo arxentino Guillermo Neumayer e a rusa Inna Rudova, ofrecerannos o seu orixinal e sorprendente acto de quick change, no que os espectadores se sorprenderán ao ver como nun dicir amén estes artistas poden cambiar de roupa unha e outra vez.

E por último, o francés Arno, gañador do prestixioso "Mandrake d'Or", deleitará o público co seu multipremiado número de manipulación e aparición de aves exóticas, un número extraordinariamente visual que o levou a actuar nos máis importantes escenarios de todo o mundo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión