Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón primavera 2025, con Xosé Lois Romero e Aliboria en concerto.
Para público en xeral
30/05/2025
Xa rematou
Dende o venres 23 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (30 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
21.00 horas
75 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde con invitación
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
Normalización Lingüística volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.
O Día das Letras Galegas dedícase este ano á poesía popular oral (personificada en seis cantareiras e pandeireteiras) e o AgoraSón conmemorarao co concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria.
Xosé Lois Romero e Aliboria son uns grandes renovadores da música de raíz e folk. Nos seus proxectos teñen temas tradicionais e innvovadores, xiran arredor do canto tradicional feminino e da percusión tradicional e mestúrana coa vangarda, co contemporáneo. Afirman que "a tradición galega é moi feminina, tanto o canto como a percusión en Galicia é obra das mulleres", e isto é o que este AgoraSón vai celebrar.
O evento terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora o venres 30 de maio, ás 21.00 horas.
A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais a partir do venres anterior, o 23 de maio.
Repartimento de invitacións
Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CD de música etc.) dende o venres 23 de maio, nas bibliotecas municipais, no horario de apertura de cada centro.
Faranse dúas quendas de repartimento:
Consulta os Horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.
Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible