Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Fundación Barrié

Enderezo:

Rúa Cantón Grande 9.

Teléfono:

981 22 15 25

Fax:

981 22 44 48

Páxina web:

http://www.fundacionbarrie.org/

Horario:

De martes a domingo

de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h

Misión e historia

A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial privada, xurdida da xenerosidade dunha persoa, o empresario e mecenas Pedro Barrié, e da dos seus continuadores. Creada o 5 de novembro de 1966, a Fundación destinou os seus recursos a programas e proxectos dirixidos a impulsar o desenvolvemento sustentable de Galicia, con especial impulso ás iniciativas vinculadas á educación e o fomento do talento. Declarada de interese galego pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia o 13 de xuño de 1986, e principal accionista de Banco Pastor cunha participación que ascende a un 42,18% a decembro de 2011, a Fundación financia as súas actividades cos rendementos que obtén do seu patrimonio.

Pedro Barrié da Maza achegou en 1966, como dotación fundacional, 3.300 millóns das pesetas de entón, e declarou ademais á Fundación como herdeira universal ao seu falecemento.

A esta dotación inicial sumáronse posteriores doazóns feitas pola súa irmá Gertrudis Barrié e pola súa viúva, Carmela Arias, quen en 1981 doa á Fundación toda a súa fortuna. Baixo a presidencia de Carmela Arias e Díaz de Rábago (1920-2009), a Fundación desenvolveu unha firme traxectoria e converteuse nun referente no ámbito fundacional europeo, cunha intensa actividade desde as súas dúas sedes na Coruña e Vigo

Na actualidade, presidida por José María Arias Mosquera, presidente de Banco Pastor, a Fundación renova cada día o seu compromiso con Galicia aplicando en todas as súas áreas de actuación estratexias nas que prima o enfoque innovador, o rigor e a excelencia, pero tamén a proximidade, o fomento da participación e a accesibilidade de todos os galegos aos seus servizos e actividades.

Sedes

A Fundación Barrié traballa desde as dúas cidades máis poboadas de Galicia, articulando a súa actividade desde o eixo norte e sur e amplificándola ao resto da comunidade. Ambas as sedes son escenario dunha programación continuada, con conferencias, seminarios, exposicións e concertos, así como cunha actividade didáctica diaria para centros escolares e público xeral.

A sede da Coruña abriu as súas portas en 1995 no corazón da cidade, onde dispón de 8.000 metros cadrados distribuídos en espazos flexibles para reunións e conferencias, un auditorio con capacidade para 369 persoas e 1.000 metros cadrados de salas de exposición.

Referente da vida cultural e social da cidade da Coruña, a Fundación ocupa un edificio de liñas clásicas e veciño ao do Banco Pastor, no Cantón Grande da cidade, punto de encontro tradicional para coruñeses e visitantes.

A inauguración da sede de Vigo, en outubro de 2005, permitiu á Fundación dar un salto adiante de gran impacto cualitativo.

As numerosas actividades desenvolvidas nela permitiron enriquecer substancialmente o programa da Fundación grazas a un edificio emblemático e a un equipamento único e, sobre todo, achegou ao sur de Galicia os seus servizos.

En 2007, a sede de Vigo foi galardoada con dous prestixiosos premios: o Premio FAD de Arquitectura e Interiorismo, na categoría de interiorismo, e o premio Saloni na categoría de Arquitectura Interior. Ambos os premios recoñecían a obra de rehabilitación da sede, que se sitúa detrás da fachada dun edificio do arquitecto vigués Manuel Gómez Román en 1919, rehabilitación asinada polos arquitectos Emilio Tuñón e Luís Mansilla, cuxo proxecto dió unha resposta contemporánea, equilibrada e precisa ás necesidades da Fundación. A rehabilitación traduciuse en case 3.000 metros cadrados flexibles e versátiles, distribuídos en cinco plantas. Na planta de acceso atópase o auditorio ou "caixa dos milagres", un espazo extremadamente alto, flexible e cambiante, capaz de ser transformado, mediante a incorporación de avanzada tecnoloxía escénica teatral, de tal modo que modificando o chan, escamoteando paneis ou facendo descender obxectos e panos, pode chegar a utilizarse para presentacións, exposicións, concertos, etc. Ademais, a sede conta con dúas plantas polivalentes destinadas a exposicións temporais e, na última planta, un salón de actos dotado cun mecanismo escenográfico que permite escamotear os asentos, deixando o espazo diáfano para ser utilizado como salga de exposicións complementaria, ou taller polivalente.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión