Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
981 261 284
Escenario incomparable para a realización de todo tipo de manifestacións artísticas e culturais: ópera, teatro, concertos, ballet, desfiles...
Salas e espazos
O Palacio da Ópera, sede da Orquestra Sinfónica de Galicia, abre as súas portas cada ano a miles de persoas. Este singular edificio cheo de contrastes, que o fan aínda máis atractivo, encerra no interior da súa clásica silueta unhas modernas instalacións capaces de adaptarse a calquera celebración. Polo escenario do auditorio principal, dotado de extraordinarias condicións acústicas e técnicas, pasaron os grandes nomes do mundo do espectáculo.
No seu interior ten cabida desde un sinxelo decorado ata a montaxe máis ambiciosa.
Ao auditorio principal únenselle outras salas e dependencias que brindan todas as comodidades necesarias para converter cada encontro nun evento único:
Sede da Orquestra Sinfónica
http://www.palaciodelaopera.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible