Concello da Coruña

Concello da Coruña

17.ª edición: durme no Fórum

“ADÉNTRATE EN JUMANJI”

A quen vai dirixido:

Familias, Xuvenil, Infancia

Cando:

Dende o 06/05/2023 ata o 07/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/04/2023

A partir do mércores 19 de abril, ás 9.00 h. A través do formulario: https://forms.gle/T4cXVR88WnWSHi9K8

PRAZAS ESGOTADAS! 250 solicitudes en 20 minutos 

Horario:

Horario da actividade:

Recepción das/dos participantes: ás 19.00 h do sábado 6 de maio, no auditorio do Fórum Metropolitano.

Recollida: o domingo 7 de maio, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano (organizados por colexios).

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrise un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.

Prezo:

Cota: 25 € por participante

Inclúe: a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.

Pago de cota:

  1. A partir do venres 21 de abril, as persoas inscritas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza adxudicada, por rigorosa orde de inscrición.
  2. Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a unha listaxe da agarda.
  3. Con data tope o martes 25 de abril (incluído) terán que facer o ingreso da cota, por transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977.
  4. E enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título "Durme no Fórum".

Requisitos:

Requisitos para participar na actividade:

· Nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, nados entre o 2011 e o 2016, que estean a cursar educación primaria.

· Pagar a cota de inscrición no prazo establecido.

· Os/as participantes teñen que ter autonomía persoal, xa que esta actividade non conta con persoal de apoio para necesidades especiais.

Contacto:

forum@coruna.es

Se queres pasalo ben...

... atrévete a internarte nunha aventura sen fin, chea de sorpresas, onde todo é posible...

Moitas son as aventuras que a saga "Jumanji" nos mostrou, pero como as que viviremos no Fórum... nunca serán contadas.

Personaxes, lugares insólitos, aventuras, intrigas... estarán no Fórum para facer desa noite unha velada divertida e única...

Pero, ollo!, as cousas non son o que asemellan...

Se tes o espírito aventureir@ e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece...

Explora os recunchos do Fórum para atopar, descubrir e vivir as innumerables aventuras que o taboleiro de Jumanji nos ofrece, dunha forma totalmente distinta á das pantallas.

Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas.

Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.

Os/as participantes inscritos deberán asistir con:

· Roupa e calzado moi cómodos, preferiblemente roupa deportiva.

· Unha botella de auga para encher.

· Artigos de aseo persoal.

· Un saco de durmir.

· Opcionalmente, unha esteira ("esterilla") (se non é posible, o Fórum dispón de esteiras e un tatami).

Inscrición:

A partir do mércores 19 de abril, ás 9.00 h a través do formulario: https://forms.gle/T4cXVR88WnWSHi9K8

Os irmáns ou as irmás terán que cubrir un formulario por cada nena/o. No caso de ser a última praza adxudicada a un/unha deles/as, entrarán xuntos, sempre e cando a marca temporal entre as solicitudes sexa inferior a dez minutos.

A partir do venres 21 de abril, as persoas inscritas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza adxudicada, por rigorosa orde de inscrición.

Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a unha listaxe da agarda.

Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.

As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrise un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión