Concello da Coruña

Concello da Coruña

"La verbena de la paloma", con gala sorpresa

Zarzuela

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/09/2020 ata o 05/09/2020

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2020

Nuns tempos tan convulsos como os que estamos a atravesar, cremos indispensable intentar ofrecer, no agardado regreso aos escenarios, espectáculos que nos permitan recuperar o optimismo e as ganas de retomar aquelas experiencias que algún día nos fixeron felices nos teatros. Por iso quixemos programar agora unha das obras mestras do repertorio lírico español, favorita do público, "La verbena de la paloma", de Tomás Bretón, que ademais de permitirnos contar cunha ampla repartición de estupendos artistas líricos españois e galegos ofrécenos a posibilidade de incluír unha sorpresa engadida.

No elenco figurarán algúns dos mellores cantantes de hoxe neste repertorio, comezando pola soprano vasca Vanessa Goikoetxea, ex-membro da prestixiosa Semper Opera de Dresde e cunha carreira en pleno auxe que ha de levala proximamente ao Covent Garden londiniense. Con ela estará o barítono coruñés Borja Quiza, que regresa aos nosos escenarios despois do seu enorme éxito como Lamparilla na nova produción de "El barberillo de Lavapiés" no Teatro da Zarzuela de Madrid que esta próxima tempada se ofrecerá tamén no Maestranza Sevilla e que proximamente regresará ao Teatro Real de Madrid tras o seu magnífico Belcore da anterior. Outro barítono galego, o vigués Luis Cansino, tras a súa "Traviata" deste mesmo verán no Real madrileño, asumirá aquí por vez primeira o personaxe fundamental de don Hilarión. E con eles estarán ademais a estupenda mezzo catalá Carol García (lembrada Rosina no noso último "Barbiere"), o mozo baixo compostelán Alejandro Baliñas, a mezzo Laura Vila, o tenor coruñés Pablo Carballido e o barítono ferrolán Gabriel Alonso Díaz, entre outros.

Da posta en escena encargarase o mozo e talentoso director de orixe lucense Emilio López, que ofrecerá unha nova visión da peza de Bretón adaptada aos nosos tempos actuais, respectando ao máximo toda a esencia musical e o espírito do orixinal. Nesta ocasión, contaremos cunha orquestra de novos e excelentes músicos galegos formados nos conservatorios da nosa comunidade, a Orquestra Gaos, e o seu Coro, que nos acompañou en numerosas ocasións nestes últimos anos. Na dirección musical faremos debutar a un músico coruñés, Fernando Briones, titular da Gaos, con sólida e acreditada experiencia en numerosos concertos, tanto sinfónicos como líricos.

Tradicionalmente, en representacións históricas, "La verbena de la paloma" adoitaba incluír no seu desenvolvemento unha gala na que tanto os propios cantantes principais como outros invitados adoitaban interpretar pezas para a ocasión. Na Coruña, recrearemos agora esa fermosa tradición, inspirándonos tamén no espírito doutra famosa gala, teatro dentro do teatro, que adoita celebrarse en ocasións especiais en "El murciélago", de J. Strauss.

Nos dous días fixados para estas representacións realizaranse, como parte intrínseca do desenvolvemento da Verbena, senllas galas nas que aos protagonistas da zarzuela se sumarán outros invitados, chegados desde distintos lugares especialmente para a ocasión a modo de sorpresa. Por tanto, os intervenientes e o programa só os coñecerá quen asista ás representacións. Ningunha das dúas de galas será igual, tampouco as persoas invitadas, entre as que se atoparán algúns das/os mellores cantantes do circuíto nacional e internacional interpretando un repertorio que incluirá ópera, zarzuela e musical.

FICHA ARTÍSTICA

  • Vanessa Goikoetxea
  • Borja Quiza
  • Laura Vila
  • Carol García
  • Luis Cansino
  • Pablo Carballido
  • Nuria Lorenzo
  • Orquestra e Coro Gaos
  • Fernando Briones, dirección musical
  • Emilio López, dirección escénica

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión