'Mambar Pierrette', o documental de maio
Para público en xeral
02/05/2024
Xa rematou
Xoves ás 20.00 h
93 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos:
Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €
** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.
• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
A cidade de Douala está inquieta polo comezo do novo curso escolar. Unha fila longa de clientes acoden a Mambar Pierrette, a modista do barrio, co obxectivo de preparar a súa roupa para actos sociais e cerimonias inminentes. Pierrette convértese en máis que unha costureira: a confidente da súa clientela dunha xeración.
Pero, cando empeza a chover a chuzos e esta choiva ameaza con alagar o seu taller -unha das desgrazas sucesivas-, Pierrette terá que esforzarse para flotar.
Unha película de Rosine Mbakam
Bélxica 2023
Duración: 93 min
Proxección en VO bamileke, francés, pidgin subtitulado
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible