Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actividades ao redor da exposición SEICA NA CORUÑA, de Xesús Carballido

A exposición está aberta ao público no Quiosco Alfonso entre o 10 de outubro e o 23 de novembro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/10/2025 ata o 23/11/2025

Xa rematou

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Reúne máis de cen obras feitas con obxectos atopados, como tipos de imprenta, cunchas, ferros, etiquetas ou xoguetes, transformados en colaxes e ensamblaxes poéticos. Cun estilo que mestura o Pop Art e o surrealismo, Carballido dá un novo significado ao refugallo, converténdoo en símbolo e en relato visual da memoria compartida.

1. PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO E VISITA GUIADA CO ARTISTA

Como parte da programación especial da exposición, presentarase oficialmente o catálogo da mostra, que ofrece unha visión profunda do universo creativo e do proceso artístico de . Xesús CarballidoNon acto estará presente o artista, quen tamén realizará unha visita guiada, compartindo en primeira persoa as historias, materiais e emocións detrás de cada obra.

Data e hora: venres 21 de novembro ás 19.00 h

Entrada gratuíta, por orde de chegada ata completar aforamento

2. TALLERES INFANTÍS

Requiren reserva previa. A inscrición abrirase o 11 de novembro ás 10.00 h, a través das ligazóns indicadas en cada actividade.

Número máximo de participantes por actividade: 15 prazas

2.1. Obradoiro: "Creando un camafeo efémero"

Data e hora: sábado 15 de novembro ás 12.00 h

Para nenas e nenos de 5 a 10 anos

Este taller ofrece unha experiencia artística e emocional a partir dun retrato instantáneo. Cada participante creará un camafeo decorativo con materiais reciclados (botóns, tecidos, papeis, cordas) e escribirá na parte traseira unha mensaxe dedicada a alguén especial, convertendo a peza nun recordo afectivo. A actividade comeza cunha visita guiada pola exposición, reflexionando sobre o valor simbólico dos obxectos e os recordos, e finaliza cunha posta en común, onde cada persoa explica o significado da súa creación.

Reserva en: https://ticketing.coruna.gal/arq/CamafeoSeica/

2.2. Obradoiro: "De excursión ao faiado"

Data e hora: sábado 22 de novembro ás 12.00 h

Para nenas e nenos de 8 a 14 anos

Nesta actividade os participantes convértense en pequenos comisarios ou arqueólogos domésticos. Por grupos, reciben unha maleta con obxectos antigos (xoguetes, fotografías, utensilios, cartas...) e deben decidir cales conservar e cales descartar, creando unha pequena exposición coas as súas eleccións. A proposta fomenta a observación, o pensamento crítico e a capacidade de dar novo significado ao descarte. Comeza cun percorrido pola exposición de , Carballidoanalizando como transforma o refugallo en arte, e finaliza cunha presentación grupal, reflexionando sobre o valor dos obxectos e a memoria que conteñen.

Reserva en: https://ticketing.coruna.gal/arq/FaiadoSeica/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión