Concello da Coruña

Concello da Coruña

Álvaro de la Vega

Ingrávidos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/03/2022 ata o 13/05/2022

Inauguración: venres 18 de maio de 2022 ás 20.00 h

*O acto de inauguración cumprirá con todos os protocolos de prevención e seguridade COVID-19*.

Xa rematou

Horario:

L/V de 10.00 h. a 14.00 h. e de 17.30 h. a 20.30 h.

S de 12.00 h. a 14.00 h.

Enderezo:

Espazo Moret Art. Rúa Uruguay 1, bajo. 15004 A CORUÑA

Case catro anos despois da súa última mostra individual en Moret Art, o escultor de Paradela regresa para mostrar "Ingrávidos". Trátase dun novo proxecto, do que asegura: "Tento sacar a mirada -que hei de supoñer cómplice das leis físicas- do confort visual e dispoño o volume forzando ese punto de partida. As obras ancóranse sen asociar o seu descanso nin á vertical nin á horizontal. O espectador devólvelle a súa lóxica, mais antes ten que recolocala por si mesmo. Non hai máis obxectivo que provocar a actividade necesaria para devolver as cousas ao seu sitio, proceso que podemos definir como exercicio de profundidade". Deste xeito, atopámonos con figuras humanas masculinas, todas elas en posturas insólitas, asentados sobre o chan ou ben sobre a parede coa axuda de cables metálicos, troncos ou paus de madeira, e que á primeira ollada producen estrañeza e desconcerto no espectador. Unha serie de personaxes -algúns vestidos e outros sen roupa- preséntanse illados ou agrupados en dous, e outro grupo caracterízase por estar vencellado, sempre desde un plano individual, con troncos de vide, e portar traxe e gravata. Son pezas realizadas co material predilecto do artista, a madeira, nesta ocasión de castiñeiro, vide e eucalipto, e que no plano estilístico adscríbense á figuración expresionista tan característica de De la Vega, na que se aprecian as pegadas das ferramentas, cargadas de sentimento e de inmediatez.


Álvaro de la Vega (Paradela, Lugo, 1954) sobresae pola súa firme e coherente traxectoria na que destaca a súa presenza nalgunhas das mellores salas de exposicións nacionais e internacionais, principalmente en Francia e Sudamérica, así como a súa participación nas feiras de arte contemporánea máis prestixiosas. Foi galardoado en numerosas ocasións e a súa obra forma parte de nomeadas coleccións como a de Abanca, Afundación, Gas Natural Fenosa, Museo de Belas Artes da Coruña, Fonds d´art Caixa ou a do Museu d´Art Contemporani de Barcelona, así como de numerosas coleccións privadas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión