Xornadas para coñecer o pasado coruñés, co Castro de Elviña como referente, e achegar as ferramentas que a Biblioteca Municipal de Estudos Locais ofrece á veciñanza da man de Matilde González Méndez, arqueóloga e doutora da Universidade de Santiago de Compostela.
Persoas adultas
Os días 24/04/2024 ás 18:00 , 22/05/2024 ás 18:00 , 19/06/2024 ás 18:00
Dende o 17/04/2024 ata o 24/04/2024
Require inscrición previa
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
20
Inscrición previa
As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera.
O número de participantes variará dependendo dos requisitos e necesidades de cada actividade en concreto.
Biblioteca de Estudos Locais
Teléf.: 981 184 386
Presentación da actividade (24 de abril)
Nesta primeira sesión , Matilde González, introduciranos no mundo da Idade de Ferro na que se enmarca o castro de Elviña . A sesión rematará co comenario dunha selección bibliográfica e debate entre os asistentes.
Castro de Elviña (22 de maio)
Nesta segunda sesión presentarase o Castro de Elviña. A historia da investigación, os principais achados e a súa adecuación para a visita, rematando co comenario da bibliografía e o debate entre os asistentes.
Visita ao Castro (19 de xuño)
A derradeira sesión consistirá nunha visita guiada polo Castro, onde as guías do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña nos conducirán polos restos do mesmo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible