Nacín nun pequeno barrio de Abadín, provincia de Lugo. Cheguei a este mundo con présa, coma se algo me urxira, sen saber moi ben o que…
Para público en xeral
23/04/2021
Xa rematou
20:30 h
* Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entradas: 7,00 € (Carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, 6,00 €) (Venda anticipada até o día anterior á función ás 23.59 h: 5,00 €)
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
A tía Victorina e a mamá Flor, andaban por alí de cando en vez, e contáronme os meus primeiros contos. Tanto me gustaron que peguei o pedir un conto na miña boca.
Souben axiña que viñera ao mundo para escoitar porque cando o facía, nada me urxía e dediqueime so a iso. Escoitaba a coñecidos e descoñecidos, aos vellos e non tan vellos, aos parentes que viñan de lonxe e aos de preto, aos meus amigos, aos veciños...
De tanto escoitar, faltoume o contar, fun unha nena tímida con moitas palabras dentro que se atrancaban e non sabían ir para fóra. Tiñan medo, por iso me levou moito convencelas de que estar sempre dentro non era bo, nin para elas, nin para min.
Un día entendín que, quen escoita historias, ten que contar algunhas (que non todo o que che contan se pode contar) e empecei, aos poucos, a buscar quen me ensinase a facelo. Así, coñecín grandes mestres , persoas que admiro e espero que deixaran algo de pouso en min.
Gústame, sobre todo, contar do que me contan, do que escoito, do que calei de nena... algunhas son historías tinguidas de realidade, outras coa tinta caprichosa da memoria ou tecidas con fantasía...
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible