Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida é un ciclo de presentacións e debates que se centra nos proxectos desenvolvidos polo MUSAC de León, o Museo Centro de Arte Dos de Mayo de Madrid e a Fundación Luís Seoane da Coruña durante o período de confinamento establecido polas autoridades en 2020 ao comezo da pandemia da COVID-19.
Para público en xeral
Dende o 21/09/2022 ata o 14/12/2022
Xa rematou
Fundación Luís Seoane
info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
A imposibilidade de manter o acceso aos espazos culturais fixo que as programacións de museos e centros de arte se trasladasen a unha contorna dixital no que, por motivos obvios, non era posible reproducir por completo a experiencia museística.
Por iso, alén de poñer a disposición do público o catálogo de fondos, publicacións e materiais diversos a través da Internet, xerouse a necesidade de levar a cabo proxectos específicos aproveitando as vantaxes que ofrecen os formatos en liña como ferramentas de difusión. Deste xeito, o Museo Centro de Arte Dos de Mayo puxo en marcha Unmetroymedio, unha proposta que visibilizaba as condicións precarias dos artistas, ofrecéndolles a posibilidade de facer unha obra á que puidese acceder a cidadanía; ou o Laboratorio Escóitasme? da Fundación Luís Seoane, que deu lugar a unha comunidade integrada por creadores, educadores e familias.
Pola súa banda, no podcast Ciudades pospandemia, o MUSAC elaboraría en colaboración con diferentes especialistas unha reflexión acerca das consecuencias da pandemia no ámbito da arquitectura, o urbanismo ou a creación contemporánea. Este proxecto, xunto ao Arquivo COVID-19, que se transformaría posteriormente nunha exposición, protagonizou a programación externa ao espazo museístico do centro de arte leonesa.
Ante a emerxencia consta de catro sesións que se levarán a cabo entre os meses de setembro e decembro, nas que participarán o artista, crítico de arte e xestor cultural Manuel Olveira; Kristine Guzmán, coordinadora xeral do MUSAC de León; Manuel Segade, director do Museo Centro de Arte Dos de Mayo de Madrid, e Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane quen, xunto co arquitecto Fermín Blanco, serán os encargados de pechar en decembro este ciclo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible