O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) presenta o proxecto expositivo e editorial 2014 / Antes de irse. Ideas sobre a pintura, comisariado por David Barro.
Dende o 14/11/2013 ata o 30/03/2014
Xa rematou
2014 achégase a unha xeración de novos artistas españois, ou residentes en España, que foron capaces de redefinir o que hoxe entendemos por pintura contemporánea.
A exposición, que estará aberta ao público ata o próximo 30 de marzo do 2014, mostra unha selección de obras de sete artistas –Miren Doiz, Jerónimo Elespe, Philipp Fröhlich, Santiago Giralda, Laura González Cabrera, Guillermo Mora e Alain Urrutia– que representan sete tendencias ou sete formas de entender a pintura contemporánea, unha pintura que se move despois da pintura e que asumiu con naturalidade que xa non é unha técnica e si unha tradición, unha idea con capacidade de reformulación constante de si mesma. A exposición, que presenta varias obras site-specific e obras realizadas ex profeso para o proxecto, partirá dunha conversa do comisario cos artistas participantes.
2014 é ademais un proxecto editorial que recolle a obra e reflexións persoais de 40 artistas españois ou residentes en España, representantes de toda unha xeración. Tanto o libro como a exposición tratan de historiar por primeira vez o presente da pintura mirando de lonxe e de preto; de aí que unha das claves editoriais sexa a complicidade cos artistas á hora de seleccionar as súas imaxes e para achegarse visualmente aos seus estudos, ese lugar onde todo se detén e se torna adictivo.
Artistas presentes na publicación:
Hugo Alonso / Rosana Antolí / Antonio Ballester Moreno / Tania Blanco / José Díaz / Miren Doiz / Jerónimo Elespe / Julio Falagán / Alejandra Freymann / Philipp Fröhlich / Fernando García / Kepa Garraza / Santiago Giralda / Antonio González / Laura González Cabrera / Irene Grau / Rubén Guerrero / Secundino Hernández / Yago Hortal / Miki Leal / Maider López / Carlos Maciá / Maíllo / Fernando Martín Godoy / Nacho Martín Silva / Ángel Masip / Gorka Mohamed / Guillermo Mora / Nuria Mora / Nico Munuera / Nano4814 / Sonia Navarro / Kiko Pérez / Guillem Juan Sancho / José Luis Serzo / Santiago Talavera / Alain Urrutia / Mar Vicente / Nelo Vinuesa / Jesús Zurita.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible