PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. DÍA EUROPEO DA MÚSICA 2021
Para público en xeral
27/06/2021
Xa rematou
20:00 h
RECOMÉNDASE:
Limitar o máximo posible o uso dos aseos.Actuar con responsabilidade.
Realizaremos unha pequena mostra de como era a vida no século XIX e comezos do XX no rural galego, pasando polos diferentes ciclos do ano e tamén da vida (cantos e bailes de matrimonio, arrolos, de arrieiro...).
Houbo un momento no que o tempo non costaba diñeiro, costaba só o traballo ben feito, a labor útil, ou o froito que daba a terra ben tratada. Os oficios e traballos, pegados á terra, eran unha filosofía de vida, marcas de pertenza á comunidade, eran a vida mesma que sempre ía acompañada de música.
Será dunha actuación altamente dinámica, na que a música e o baile non pararán en ningún momento, creando un espectáculo atractivo para o espectador.
Utilizaranse varios vestuarios, nun intento de que durante a actuación se perciba un repaso dos distintos estilos que temos en Galicia.
Faranse breves presentacións para que o espectador poida sumerxirse de cheo na maxia deDonaire, sendo partícipe de primera man.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible