Concello da Coruña

Concello da Coruña

«Aventura coas focas»

SESIÓNS PARA FEBREIRO, MARZO E ABRIL DE 2026

A quen vai dirixido?:

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento.

Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/02/2026 ata o 26/04/2026

Inscricións:

Require reserva previa, que poderá facerse a partir das 9 horas do 5 de febreiro aquí

Horario:

De 11:00 a 12:30 horas, os días:

  • 21, 22 e 28 de febreiro
  • 1, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de marzo
  • 11. 12, 18, 19, 25 e 26 de abril

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

192 prazas en total, 12 prazas por sesión

Prezo:

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba abonar para entrar no recinto.

Requisitos:

Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 9 horas do xoves 5 de febreiro, picando aquí.

O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións de febreiro, marzo e abril de 2026 da actividade «Aventura coas focas».

Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade participarase na preparación dos alimentos e accederá ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores.

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba abonar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do xoves 5 de febreiro ás 9 da mañá.

As entradas abonaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión