Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas de creación artística para artistas individuais

Publicación da resolución definitiva da convocatoria de axudas de creación artística para artistas individuais empadroados/as na Coruña, ano 2020.

A quen vai dirixido?:

Poderanse solicitar axudas nas seguintes modalidades:

a) Deseño de proxectos artísticos con liberdade de formato e técnica.

b) Produción de proxectos artísticos.

c) Realización de proxectos artísticos vinculados coa mobilidade das e dos creadores ou a súa obra para, entre outros, participar en xiras, festivais, exposicións ou residencias, coa condición de que non teñan por obxecto cursar estudos regrados ou obter algunha titulación académica e sexan fóra da comunidade autónoma de residencia, en ámbito nacional ou internacional.

d) Proxectos de investigación e creación musical.

e) Calquera combinación das modalidades anteriores que se refira a un único proxecto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/08/2020 ata o 17/01/2021

Xa rematou

Documentos:

Bases das Axudas de creación artística para artistas individuais empadroadas/os na Coruña (900 KB)

O obxecto da presente convocatoria é fomentar a actividade creadora na cidade, facilitar a promoción das artes: plásticas, audiovisuais, escénicas, a literatura, o deseño, o cómic ou a ilustración, proxectos de investigación e creación de obra musical, así como a difusión da súa obra profesional, mediante as axudas a proxectos para desenvolver durante 2020.

Concretamente convócanse 36 axudas de creación artística destinadas a artistas empadroados/as no Concello da Coruña.

Bases Axudas de creación artística para artistas individuais

BOP do 17 de agosto de 2020

Formulario solicitude

Corrección das solicitudes presentadas na convocatoria de axudas de creación artística durante o ano 2020

Resolución definitiva da convocatoria de axudas de creación artística para artistas individuais empadroados na Coruña, ano 2020

Teléfono de contacto: 981 189 830

Documentos relacionados

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión