Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bande à part de Jean-Luc Godard

“Dous mozos amigos coñecen a unha moza nunha clase de inglés. O grupo farase inseparable e planeará un roubo, aínda que unha serie de aventuras distraeranlles do seu obxectivo”

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/07/2021

* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección

Xa rematou

Horario:

22:30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00€

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio. En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

Usar máscara de forma obrigatoria

Prestar atención e cumprir coa información dos avisos, carteis e das persoas responsables da seguridade.

Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.

Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Icona absoluta da "nouvelle vague" e dunha certa modernidade cinematográfica, a liberdade e "joie de vivre" das súas imaxes sería imitada ata a saciedade por cineastas como Bertolucci ou Tarantino. Imprescindible.

Título orixinal: Bande à part

Ano: 1964

Duración: 95 min

País: Francia

Director: Jean-Luc Godard

Cualificación: Non recomendada menores 18 anos

Convidado: DAVID CARBALLAL (Deseñador gráfico e comisario artístico)

Perfil biográfico: David Carballal (Santiago de Compostela, 1970) é deseñador gráfico e comisario das exposicións "Cómo se imprime un libro: grafistas e impresores en Buenos Aires 1936-1950", e "Moscoso Cosmos: o universo visual de Víctor Moscoso"

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión